16/5/17

LETRAS GALEGAS 2017

Neste ano 2017 homenaxemos a Carlos Casares.  Biblioraíces, en colaboración cos compañeiros do ENDLG e Vicedirección, organizóu unha serie de exposición por todo o centro.
Na taboleiro da Carteleira da Biblioteca na entrada do centro, expuxéronse unhas fotos extraídas da páxina da fundación de Carlos Casares, e ao seu carón, fíxose unha homenaxe a algún dos autores recordados en anos anteriores.
Na subida ao primeiro andar, fíxose a pegada dos cartéis da exposición que recibimos da Xunta, nun lugar de paso visible por toda a comunidade educativa.  Tamén, no corredor de 1º e 2º da ESO, imprimos e pegamos coa axuda dos voluntarios a exposición sobre Carlos Casares elaborada por SeminarioGalán.org.
Por último, o ENDLG en colaboración cos alumnos de 1º de BACH, están a expoñer en diferentes rincóns do centro unha gran diversidade de poesías e textos en galego de diferentes épocas en homenaxe a língua galega.  Aquí deixamos mostra de todo con algunhas imaxes.






No hay comentarios:

Publicar un comentario