21/3/17

VIII ENCONTROS DO PLAMBE

Un ano máis tivemos a sorte de poder asistIr as VIII ENCOTRO DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, celebradas os días 16 e 17 no Pazo de Congresos de Santiago.   No noso caso, dado que xa levamos varíos cursos inmersos no PLAMBE, asistimos as conferencias e charlas desenvoltas n o día 17, concretamente as conferencia de José Antonio Millán "Informe da Lectura en España 2017" e a educación;  á conferia de Sara Pereira A educación para os medios de comunicación nun mundo dixital: o papel das Biliotecas Escolares; e á de Marilar Aleixandre Os libros como ferramenta para o desenvolvemento dunha cidadanía crítica.  Así mesmo, asistimos as charlas/experiencias de Ángel Encinas Carazo Destripando Coca-Cola. Un proxecto de alfabetización mediática; e ás de Cristina Ogando, Rebeca León e Mª Xesús Sarmiento sobre o Voluntariado na Biblioteca Escolar.

Unhas horas moi enriquecedoras, de gran intercambio de experiencias y de renovación de ideas de cara ao próximo curso.  Grazas a os organizadores e a os poñentes.

Conferencia de José Antonio Millán

 Asistindo á charla de Ángel Encinas

No hay comentarios:

Publicar un comentario