24/2/17

24 DE FEBREIRO, O DÍA DE ROSALÍA

Un ano máis, adicamos este 24 de Febreiro a Rosalía de Castro, neste curso coincidindo ademais co 180 aniversario do seu nacemento.
Nesta data tan significativa para tódolos amantes da nosa lingua, dende Biblioraíces levamos a cabo diferentes iniciativas en colaboración cos diferentes departamentos.

O Departamento de Dinamización Lingüística recolleu a nosa proposta de traballar as paisaxes da Costa de Morte na obra de Rosalía, a partir da novela A filla do mar ou algún outro texto da propia Rosalía e outros autores.  A citada novela, como sabedes, está ambientada en Muxía e na súa contorna, onde Rosalía residíu unha temporada.  O resultado é unha interesante presentación Powerpoint que se proxectará o día 24 na pantalla da entrada e se expoñerá como murais no corredor da Biblioteca, nun traballo en onde se mixturan a imaxe coa literatura dunha forma moi evocadora.  Podedes vela máis abaixo.

Por outra banda, en colaboración co Departamento de Música, fíxose un mural titulado "As músicas de Rosalía", recollendo algunhas das partituras e grabacións inspiradas polos textos da autora padronesa.  As obras de Juan Montes e os discos de Amancio Prada son protagonistas da presentación que se pode ver na Carteleira da Biblioteca na entrada do centro.
.

Aquí vemos a nosa alumna Paula de 2º ESO rematando o mural

Así mesmo, o Club de Lectura esforzouse en recopilar a obra rosaliana da nosa biblioteca amosándoa nos expositores ao carón da carteleira.

Por último, durante os períodos de lecer, pincharemos o disco Na lingua que eu falo de Najla Shami, unha actualización musical da obra rosaliana ao século XXI, cunha voz e un cantar delicado, profundo e sempre suxestivo.  Sirva tamén de proposta musical para este día.  Que o disfrutedes!














No hay comentarios:

Publicar un comentario