26/11/15

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR DO SAMAÍN 2015


As pasadas semanas celebrouse o tradicional concurso de relatos de terror vinculados as celebracións do Samanín no noso centro.  O alumnado interesado entregou os seus relatos antes do día 3 de novembro e  o xurado, integrado polos profesores Montse Vila, Esperanza Videla e Miguel Blanco, publicoú a súa decisión o martes 10 de novembro.  Os diplomas foron entregados polo Dinamizador da Biblioteca o martes 17 de novembro as 12:05 durante o segundo recreo, se ven unha das gañadoras non poido asistir por atoparse enferma e recibiu o seu diploma uns días despois.  Ademais do Dipoloma de gañadoras, as afortunadas tamén teñen a oportunidade de disfrutar dun bono por valor de 20 euros en material escolar.

As alumnas premiadas foron:
-1º Ciclo da ESO:  Ana Guerra Redonda de 2º ESO C, co relato "O cazador".
-2º Ciclo da ESO:  Elisa Pradales Martínez de 3º ESO A, co relato "Baraja siniestra".
-Bacharelato e Ciclo:  Diana Fernández Domínguez de 1º BACH B, co relato "Día 8 de agosto".

Parabéns ás gañadoras!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario