22/11/15

Agradecementos a biblioteca do IES Fernando Blanco

BiblioFernandoBlanco e Biblioraíces colaboran entre elas establecendo intercambio de libros para así non ter que mercar tantos volumes e non obstante ter fondos compartidos entre as dúas. 
Queremos agradecerlles o préstamo de varios exemplares da fermosa obra Memorias dun Neno Labrego do gran Xosé Neira Vilas  para traballar co alumnado de ReforzoEducativo, moitas grazas e agardamos as vosas peticións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario