13/2/14

XA TEMOS LECTORES ELECTRÓNICOS!

Grazas ao Proxecto E-LBE, xa temos na nosa biblioteca, á disposición de todos os usuarios os NOVOS LECTORES ELECTRÓNICOS, cargadiños de libros de todas as épocas e varias linguas.

Levalos en préstamo é tan sinxelo como levar un libro convencional: despois de asinar un formulario onde se vos dan unhas instrucións e se detallan os elementos que se prestan, o encargado da biblioteca anotará o préstamo no ordenador (coma sempre)... E O LIBRO "É VOSO" por quince días, prorrogables se non hai reservas pendentes. Iso si, para poder levalo en préstamo é necesario que os vosos pais ou nais vos autoricen segundo este modelo de AUTORIZACIÓN (podédelo imprimir e entregar ao bibliotecario).

Poderedes ler O principiño ou as aventuras do Pequeno Nicolás en galego, contos de medo de Edgar Allan Poe, toda a obra de Castelao, as aventuras de Sherlock Holmes ou as marabillosas obras de Dickens, Dostoieski ou Stefan Zweig. Tamén están Hamlet e Frankenstein atendendo ao alumnado de Literatura Universal. 

O noso CATÁLOGO DE FONDOS ELECTRÓNICOS aínda non é moi extenso (sobre 250 títulos en catro linguas), pero nas próximas datas iremos mercando libros electrónicos para ir enchendo estes dispositivos de material interesante, tanto de ficción como de divulgación e outros xéneros. E se necesitas algún, non dubides en pedirnolo.

ESPERAMOS AS VOSAS SUXESTIÓNS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario