11/1/13

O neno can

A principios de curso a profesora de Lingua Galega, Belén, recomendounos o libro O neno can de Fina Casalderrey e Fran Castro que agora tedes na biblioteca. É unha das obras que tíñamos pensado ler no Club de lectura Libros coma area no 2º trimestre e hoxe vemos que este libro é noticia nos xornais baixo o titular:

O libro galego «O neno can» entra no catálogo das mellores publicacións sobre o tratamento da discapacidade, Voz de Galicia, 11 de xaneiro do 2013.

Pasa pola biblio e leva o libro emprestado, lese nunha patadiña porque son pequenos contos, e é precioso. Protagonistas dos contos, un neno e un can!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario