19/4/24

DÍA DO LIBRO 2024

 Entre as múltiples iniciativas que imos a desenvolver en relación ao día do libro, hoxe queremos presentarvos as novidades da biblioteca en formato padlet: "Especial recomendación Libros como Area" coas recomendacións dalgúns dos integrantes do noso club de lectura e "Novidades Primaveira 2024" coas últimas novidades nos xéneros den banda deseñada, poesía e literatura local. Click nas imaxes para acceder.  Agardamos que sexan do voso interese:





Así mesmo, estamos a preparar para o día 23 a lectura duns textos especialmente seleccionados para os grupos da ESO que, unha vez expostos, serán ilustrados por diferentes alumnos da materia de plástica mentres se escoitan e comentan unhas pezas musicáis tamén escolllidas en relación aos textos lidos, nunha mestura de literatura, pintura e música moi singular.



8/3/24

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Neste día tan especial colaboramos coas diversas iniciativas que se desenvolven no centro, particularmente có equipo do programate Igualate e Vicedirección, cos que organizamos unha saída con parte do alumnado do centro ao acto que ten lugar no Auditorio Baldomero Cores na Casa da Cultura de Cee ás 12h.


Por outra banda, seguimos coa elaboración de materiais propios e contidos para as próximas emisións de Radio Agra.  En colaboración có Departamento de Música e despois da serie de murais feitos na primeira avalación sobre compositoras da Idade Media e o Renacemento polos alumnos de 3º ESO, agora, estes mesmos alumnos, veñen de preparar unha interesantísima serie de podcast sobre compositoras do barroco e o clasicismo, da que vos deixamos cumprida mostra no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/1J7JhwkVHXZGtThc98QFO5fGomc5qUnNJ?usp=sharing

Son moitos os nomes das mulleres esquecidas ao longo da historia nos diferentes ámbitos e, particularmente, no ámbito musical, encontramos moitos nomes de especial relevancia con unha producción musical moi importante, pero que apenas se mencionan nos libros de texto o noutros documentos de referencia.  A difusión das súas vidas e obras entre o alumnado e fundamental para non seguir cunha visión parcial  da historia da música (ou en calquera outro ámbito) marcada soamente polos protagonistas masculinos, xa que tiñamos e temos grandes compositores e compositoras.  Nomes como Franccesca Caccini, Barbara Strozzi, o Fanny Mendelshoon teñen que aparecer e ser recoñocibles no imaxinario colectivo xunto cos Vivaldi, Mozart, Beethoven ou Verdi, diso, temos que encargarnos todos e todas.




22/2/24

DÍA DE ROSALÍA: NOVA EMISIÓN DESDE RADIO AGRA E MOITO MÁIS

 Xa estamos a preparar unha nova emisión desde Radio Agra para conmemorar o día de Rosalía, que neste caso celebraremos o venres 23 de Febreiro.  Comezamos a preparar esta data cós selos conmemorativos que aparecía nas tarxetas de San Valentín e xa temos en marcha desde fai días a 2ª Edición do Concurso de Videopoemas de Rosalía 2024, pero para a xornada do 23 temos en marcha unha programación especial desde a radio donde alumnas e profesoras leeran unha serie de poemas da autora, e tamén teremos a interpretación en directo, con voz e guitarra, dunha versión de "Negra sombra" a cargo da alumna Uxía Santos de 4º ESO A e o profesor Miguel Blanco.

Como aperitivo, deixámosvos có enlace a esta presentación en formato canva feita o curso pasado polas alumnas da materia optativa de música de 4º ESO onde se recollen máis de 30 temas con textos musicados de Rosalía de Castro.  Predominan as versións líricas e tradicionais, pero tamén hai cabida para os estilos máis modernos. Preme na imaxe para ver a presentación:






CONCURSO DE VIDEOPOEMAS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO: BASES

 Aquí tendes as bases desta II Edición do Concurso de Videopoemas Rosalía de Castro 2024.  Unha das iniciativas da biblioteca para conmemorar esta data tan relevante do noso calendario.




NOVOS ESPAZOS DE DESCONEXIÓN E NOVO EQUIPAMENTO

 Desde fai unhas semanas, o corredor da Biblioteca Concha Blanco e un lugar máis vivo, dinámico, un espazo de desconexión das novas tecnoloxías para o alumnado, sobre todo para aqueles que viñan facendo un uso excesivo dos dispositivos informáticos.  Nunha excelente iniciativa por parte da dirección do centro e có apoyo do equipo da biblioteca e o profesorado de garda, habilitouse o corredor con mesas, xanelas e xogos de mesa para ofrecer alternativoas máis saudables para todos aqueles alumnos e alumnas que así o desexen, xa que os recreos do centro deben ser un momento de desconexión e de lecer en tódolos sentidos.




Por outra banda, o equipo directivo e o equipo TIC acordaron o traslado da pantalla dixital concedida por Polos Creativos ao espazo da Biblioteca, considerando que podería darselle un aproveitamento moito maior tanto nas reunións dos organos colexiados do centro como en outras actividades desenvoltas na biblioteca como podan ser charlas, proxeccións de películas, obradoiros de idiomas, etc.  Moitas grazas por esta iniciativa que enriquece enormemente os nosos recursos materiais e as posibilidades de dinamizar este espazo de xeito moito máis diverso, xa que tanto a imaxe como o son melloran considerablemente respecto aos sistemas que tiñamos anteriormente.




SERIE MULLERES COMPOSITORAS I: IDADE MEDIA E RENACENTISMO

 Presentamos algúns dos traballos que, en coordinación có profesor de música, fixeron os alumnos de 3º ESO nunha primeira serie sobre compositoras da Idade Media e o Renacentismo, neste caso en formato mural.   De cara ao próximo 8 de marzo estamos a preparar uns podcast sobre compositoras das seguintes etapas (Clasicismo e Romanticismo) que serán presentados nunha nova emisión desde Radio Agra nunha programación especial para ese día.















ENTROIDO 2024

 O equipo da Biblitoeca colabora un ano máis na celebración do festival do Entroido 2024, coordinando as actuacións do concurso de charangas que tivo lugar no salón de actos do centro nas últimas horas do día 9 de febreiro así como as sesión de fotos do impresionante photocall que prepararón os alumnos de EPV baixo a coordinación da profesora Mirta e que, para este curso, foi ubicado na entrada do centro e non na biblioteca como viña sendo habitual nos últimos anos.  Aquí o tendes!


En coordinación con Vicedirección, tamén colaboramos na iniciativa do Meco destas datas





14 DE FEBREIRO: SAN VALENTÍN

 Como ven sendo tradicional, nestas datas coordinamos desde a Biblioteca a elaboración, reparto, recollida, clasificación e entrega das nosas cartas de amor/amizade entre toda a comunidade educativa.  Para isto, as nosas voluntarias de biblioteca de 4º ESO encargáronse da realización das tarxetas e de tódolos procesos posteriores, rematando a tarefa coa entrega aos destinatarios o día 16 de febreiro (o día 14 estabamos a disfrutar aínda das vacación do Entroido).  Como novidade para este curso, ademáis do selo de Rosalía (anticipando a próxima efemeride rosaliana) tamén engadimos nas tarxetas  unha pequena imaxe da escritora galardonada nas Letras Galegas 2024, Lucía Villalta, coa intención de dala a coñecer entre o noso alumnado.

Novo sello para o 2024, con Rosalía de Castro e Lucía Villalta


As nosas voluntarias de 4º ESO elaborando as tarxetas de San Valentín




30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

 Neste novo ano, conmemoramos este importante día nun momento moi delicado a nivel mundial, no que a guerra en Ucraína leva xa moitos meses avanzando e ben de estallar fai pouco o conflicto en Oriente Próximo entre Israel e Palestina.  É por iso que ainda se volven máis relevantes as iniciativas de concienciación entre o alumnado para loitar por un mundo máis igualitario e sen violencia.  Desde a Biblioteca Concha Blanco sempre plantexemos iniciativas para as diferentes clases e, cos grupos de 2º ESO e có a optativa de 4º ESO, en colaboración có Departamente de Música, levamos a cabo á realización duns podcast nos que se nos fala de moitas das cancións que, ao longo dos anos, tocaron o tema da paz e da non violencia.  Diferentes épocas, diferentes estilos musicáis pero unha mesma mensaxe para este día da paz.

Moitos deste podcast foron emitidos na 2ª sesión de Radio Agra na última sesión da mañá do día 31, coordinada polo equipo da biblioteca e a profesora de matemáticas Jenifer Espasandín.  Nesta sesión tamén podemos escoitar unha nova edición do programa "Catro patas para un banco" coordinado pola profesora de lingua castelá Lara Trillo que, desde a materia de Oratoria, está a desenvolver unha importante labor na elaboración de contidos en formato audio para a nosa radio.  Así mesmo, tamén se emitiu unha entrevista á Coordinadora do CIM de Cee coordinada por Jenifer Espasandín e feita por alumnas de 2º ESO, nun formato que pretendemos repetir en futuras emisións con outros invitados e invitadas.

Tamén se preparou a proxección en tódalas aulas do centro a emisión dunha entrevista feita a Arsenii Neuturov, alumno ucraícno que nos acompañou no curso pasado durante varios meses do curso.  Esta entrevista foi grabada, traducida e editada por varias alumnas de 3º ESO do curso pasado que, coordinadas desde a biblioteca, realizaron este fenomenal traballo para a materia Proxecto Competencial e que, agora, temos oportunidade de mostar a toda a comunidade escolar.

Na seguinte imaxe tendes o enlace para acceder aos mellores podcast así como á entrevista a coordinadora do CIM e ao vídeo da entrevista a Arsenii.  Agradamos que vos gusten!




30/11/23

A BIBLIOTECA, SEMPRE SOLIDARIA

 Como non podía ser doutra forma, a biblioteca e o espazo no que se centralizará a actividade principal do mercadillo solidario "libros por alimentos" da campaña Agrasolidario que terá lugar nas datas antes do Nadal.  Animámosvos a participar activamente desta campaña para intentar axudar as persoas máis necesitadas por medio desta iniciativa, en coordinación coa Vicedirección e as institucións benéficas da nosa contorna:





INAUGURACIÓN DA RADIO DO AGRA, COORDINADA POLA BIBLIOTECA CONCHA BLANCO

 O pasado 24-N tivo lugar un feito moi relevante para nos:  a primeira emisión desde a radio do Agra de Raíces.  Pareceunos unha boa idea escoller esta data tan relevante para facer unha primeira emisión simbólica desde a mesma, e para elo contamos coa colaboración dalgúns alumnos de 3º ESO (coordinados polo profesor e dinamizador do club de lectura Pablo Rodríguez) e do alumnado da optativa Hª da Arte de 2º BACH (coordinados pola profesora Teresa Llamas), que foron encargados de elaborar diferentes podcast sobre personalidades femeninas relevantes no ámbito artístico.  Algúns deles foron o eixo central desta primeira emisión que foi escoitada por toda a comunidade educativa no eido do acto central do día celebrado no patio do centro.

Aquí vos deixamos un enlace ao Drive para que os poidades escoitar, se ben nesta primeira emisión non deu tempo a poñelos todos, aproveitaremos o material para as seguintes emisións.

https://drive.google.com/drive/folders/1c62UxJVcope0SOzEsCNWDgWF5G10F_Tq?usp=drive_link

Tamén vos deixamos o link de enlace á radio para futuras ocasións:

https://stream.zeno.fm/rccokehzfptuv



25-N

 Desde o equipo da Biblioteca Concha Blanco sempre amosamos unha implicación especial na celebración dos actos conmemorativos do 25-N.  Nesta ocasión, participamos en diferentes iniciativas de xeito moi transversal:

Proporcinamos, xunto có Departamento de Orientación, materiais a todo o profesorado para poder traballar o tema da violencia machista.  Deste xeito, propúxose a proxección dunhas curtametraxes en tódalas aulas as 10:45h do día 24. Obras interpretadas por actores coñecidos a partir dun concurso de guións confeccionados por estudantes, seguindo o seguinte enlace:

http://www.cineenvioleta.org/cinco-cortometrajes-sobre-violencia-de-genero-es-cine-para-ser-la-voz-de-quienes-callan/

En colaboración có Departamento de Música, propúxose en tódolos grupos de 2º, 3º e a optativa de 4º ESO, unha tarefa relacionada coa presentación prezi "Músicas para o 25-N" confeccionada polo dinamizador da biblioteca:

https://prezi.com/p/oaxekdo4axga/musicas-para-o-25-n/

Participamos tamén na coordinación da elaboración do manifesto do noso centro, realizado por alumnas/os voluntarios de 4º ESO e que se deu a coñecer tanto no acto conmemorativo no patio do centro as 11h como no acto convocado polo Concello de Cee as 12h na Plaza do 8 de marzo.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesagraraices/node/1194



Ademáis, tamén fixemos unha escolma de libros e películas relacionadas có tema na sala principal da biblioteca e montamos un decorado nos días previos na entrada do centro recreando unha estancia doméstica e que, o día 24, foi reconvertido nunha recreación da escea dun crimen machista, có obxectivo de impactar visualmente a tódolos membros da comunidade educativa ao entrar ao centro neste día.



En colaboración co ENDL, participamos na elaboración do "Iceberg contra a violencia de xénero" que tamén foi exposto na entrada do centro.



Por último, comentar que escollemos esta data do venres 24 de novembro para realizar a primeira emisión desde da radio do centro que, se ben non esta inmersa oficialmente no programa da "Radio na biblio" do PLAMBE, será coordinada desde a biblioteca, feito do cal damos máis información na seguinte entrada do blog.


16/11/23

PREPARANDO O 25-N

Xa estamos a preparar os actos e actividades para o 25-N, día contra a violencia de xénero.  O alumnado voluntario de 4º ESO está a preparar un par de textos/manifiestos para o acto comunitario que terá lugar no patio do centro e que, posteriormente, serán leidos tamén no acto preparado polo Concello de Cee ao mediodía. 

Tamén se están a preparar diversos podcast desde as materias de historia, música e oratoria, moitos deles referidos a personalidades femeninas da historia (pintoras, compositoras, figuras históricamente relevantes...) que configurarán a programación dunha primeira emisión simbólica de RADIO AGRA, a radio no noso centro que comezará a súa andaina nesta data.

Por se resulta do voso interés, aquí deixamos a presentación prezi "Músicas para o 25-N" que vos pode resultar de utilidade. Agardamos que vos guste:


Tamen vos recomendamos esta selección de RECURSOS que poden ser de moita utilidade para esa data:



Enlace a un recurso que contén 5 curtametraxes sobre violencia de xénero. Poden ser moi aptos para proxectar a primeira hora da maña en tódalas clases. Poden verse todos en 10 minutos. Tamén en http://www.cineenvioleta.org/cinco-cortometrajes-sobre-violencia-de-genero-es-cine-para-ser-la-voz-de-quienes-callan/  (vídeos e ficha técnica dos mesmos).


Selección de 12 curtametraxes que permiten abordar a violencia contra as mulleres en todos os niveis educativos e desde diferentes puntos de vista. O impacto deste fenómeno entre as parellas de adolescentes ten un apartado moi importante dentro destes contidos.  Proxectar estes materiais na aula xerará novas ideas, novos coñecementos e novas inquietudes no alumno.



Obradoiro sobre cine e violencia de xénero, moi completo.  Algunhas das películas témolas na biblioteca (Te doy mis ojos, La vida secreta de las palabras, Juno, Pequeña Miss Sunshine).



Selección de recursos do centro de documentación María Zambrano para o ano 2022.  Ao final documento hay enlace á selección de recursos de tódolos anos anteriores (desde 2014) polo que temos unha listaxe moi extensa de materiais, ideas e fontes sobre as que poder traballar en calquera momento.













ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS E DO SCARY DOOR CONTEST (PORTAS ARREPIANTES)













2/11/23

SAMAÍN III GAÑADORES DOS CONCURSOS DE MICRORRELATOS E AS PORTAS ARREPIANTES

 Xa temos os gañadores dos concursos de Microrrelatos Arrepiantes (desenvolto en colaboración có Departamento de Lingua Galega) e as Portas Arrepiantes (desenvolto en coordinación có Departamento de Inglés.

En canto os relatos, os premiados son:

1º CICLO ESO: 1º Premio para Pedro Sánchez / 2º Premio para Iago Marcote

2º CICLO ESO: 1º Premio para Icía Platas / 2º Premio para Sabela Abel.

BACHARELATO: 1º Premio para Érika Cives / 2º Premio para Lúa Iglesias


Respecto ás portas:

1º PREMIO: 3º ESO B

2º PREMIO: 1º ESO B

Aquí vos deixamos as fotos das portas gañadoras así como dos relatos.  Parabéns a tod@s, gañadores e participantes polo voso esforzo:

1º PREMIO 3º ESO B

2º PREMIO 1º ESO B


1º PREMIO BACH     Erika Cives

2º PREMIO BACH    Lúa Iglesias

1º PREMIO 3º/4º ESO   Icía Platas


2º PREMIO 3º/4ª ESO   Sabela Abel


1º PREMIO 1º/2º ESO    Pedro Sánchez

2º PREMIO 1º /2º ESO    Iago Marcote




26/10/23

SAMAÍN 2023 II

Neste Samaín 2023 temos en marcha o tradicional concurso de "Microrelatos arrepiantes" en colaboración có ENDL e os departamentos de Linguas, así como o concurso de "Portas terroríficas" en colaboración có Departamento de Inglés.  Deixámosvos os cartéis e as bases correspondentes.  Pronto informaremos dos gañadores e a entrega de premios.

 










SAMAÍN 2023 I

 Xa está aquí o novo Samaín 2023 no Raíces, e desde a Biblioteca Concha Blanco estamos como sempre "on fire".   Como tódolos anos, xa temos preparada un atrezzo especial, sin faltar un espectacular photocall para que, o próximo día 31 nos recreos, todos aqueles que se queiran pasar a inmortalizar o momento cos séus disfraces poidan facelo.